Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

APLICACIÓN PARA SMARTHPHONS CREADA POR SOGAMA AXUDA OS CIDADÁNS A SEPARAR CORRECTAMENTE OS SEUS RESIDUOS

28/08/2014

UNHA APP PARA SMARTHPHONES CREADA POR SOGAMA AXUDA OS CIDADÁNS A SEPARAR CORRECTAMENTE OS SEUS RESIDUOS

 

Adaptada a teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone), instruirá aos usuarios sobre a clasificación das distintas fraccións de refugallos e apropiado depósito das mesmas nos contentores de colección selectiva habilitados nas vías públicas.

A aplicación colecta información pormenorizada sobre os residuos que de deben introducir en cada recipiente e circuíto que estes deben percorrer para facilitar o seu posterior reciclado.

 Dispón igualmente dun apartado "Sabías que... " no que se inclúen datos e curiosidades de interese no ámbito da concienciación e sensibilización social en materia de medio ambiente.

Así mesmo, a poboación terá a oportunidade de poñer a proba os coñecementos adquiridos a través dun xogo no que se debe identificar o residuo que aparece en pantalla e o contedor de destino. A máis acertos, máis puntos.

 

INFORMACIÓN PORMENORIZADA DE CADA CONTENTOR

A aplicación recolle información en torno ao contentor amarelo, destinado a acoller os envases de plástico, latas e briks; o azul, que alberga o papel e cartón; o iglú verde, para os envases de vidro; e o contedor verde convencional, para os restos non reciclables. Tamén fai referencia ao contedor específico para pilas, que pode atoparse nas casas consistoriais, colexios, centros sociais e establecementos comerciais, así como aos puntos limpos, recintos pechados onde os cidadáns trasladan aqueles refugallos que, dadas as súas especiais características e grao de perigosidade e toxicidade, deben recibir un tratamento diferenciado por parte de xestores autorizados, non dispoñendo de contedores a pé de rúa.

Tamén se fai referencia á compostaxe doméstica nas vivendas unifamiliares que contan con horta e/ou xardín, podendo fabricar a partir da materia orgánica xerada nas mesmas un abono natural de alta calidade con excelentes propiedades para o solo, substituíndo aos fertilizantes artificiais. Trátase dunha forma ecolóxica coa que reducir a produción de lixo e propiciar o reciclado dos restos orgánicos, diminuíndo as cantidades de desperdicios a entregar a Sogama.

En todos os casos, explícase, dunha forma amena, sinxela e divertida, o circuíto de recollida e xestión de cada tipo de residuo, dende que se xera ata que se trata de forma correcta para minimizar o seu impacto ambiental.

 

BENEFICIOS DA RECICLAXE

Ademais, e para que os usuarios poidan tomar conciencia do resultado do seu labor, infórmase acerca do proceso de reciclado dos refugallos e produtos a fabricar a partir destes, aludindo igualmente á valorización enerxética da fracción resto e a súa conversión en enerxía eléctrica, labor asumido por Sogama en Galicia.

A App tamén traballa no ámbito da concienciación cidadá, argumentando as razóns polas que deben clasificarse os desperdicios en orixe e enxalzando a colaboración da poboación como condición indispensable para garantir a recuperación destes.

Así mesmo, ponse de relevo o aforro, tanto de enerxía coma de materias primas, que reporta a reciclaxe. Por exemplo, que a enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio pode facer funcionar un televisor durante tres horas, que por cada tonelada de papel reciclado evitamos a talla de 24 árbores adultas ou que o reciclado de catro botellas de vidro aforra a enerxía equivalente a manter un frigorífico funcionando un día enteiro.

 A aplicación conta igualmente cun apartado "Sabías que... " no que se inclúen datos e curiosidades de interese: que unha bolsa de plástico pode tardar 1.000 anos en degradarse, que con 15 botellas plásticas se pode elaborar un forro polar, e con 6 briks, unha caixa de zapatos, que por cada 100 quilos de residuos orgánicos pódense obter ao redor de 30 quilos de compost, ou que coa enerxía eléctrica que se produce no complexo industrial de Sogama en Cerceda lógrase abastecer unha cidade de tipo medio (100.000 fogares).


XOGO

A información compleméntase cun xogo no que os usuarios teñen a oportunidade de levar á práctica o apreso. Unha vez identificado o residuo que aparece en pantalla, debe identificarse o contedor de destino para posibilitar a súa recuperación. A máis acertos, máis puntos.

Link activo en Apple e iPad:

https://itunes.apple.com/WebObjects/MZStore.woa/wa/viewSoftware?id=899992625&mt=8

 

Link activo en Android:

https://play.google.com/store/apps/details?id=gl.sogama.app&hl=es


Data inicio: 28/08/2014

Data fin: 31/12/2014

Tipo: Información

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: