Aumentar texto Diminuír texto Reiniciar texto
Contractos

Anuncios e noticias

Xornadas sobre a pesca artesanal

25/02/2015

Xornadas sobre a pesca artesanal,  os días 27 e 28 de febreiro de 2015.

O 27 haberá sesión didáctica para rapaces do 3º ciclo do CEIP Praia de Quenxe que visitarán as instalacións da Confraría de Pescadores, o porto e a lonxa.

O 28, a partir das 12:00h, na Casa da Cultura de Corcubión presentará a sesión o Patrón Maior do pósito corcubionés xunto co alcalde de Corcubión, na que falará o biólogo Xoán Lueiro sobre a “A pesca artesanal na procura de sustentabilidade ecolóxica, económica e social”.

Haberá tamén unha mesa redonda e debate entre biólogos e membros da confraría. Despois entrega de premios do certame de poesía aberto para os cativos do colexio corcubionés. Fernández Naval e Alexandre Nerium, dous poetas moi vencellados ao mar darán un recital poético antes de finalizar as xornadas.


Data inicio: 25/02/2015

Data fin: 28/02/2015

Tipo: Información

Volver
II Plan de Igualdade
Perfil do Contratante
Regulamento de uso do idioma galego
Biblioteca Municipal
Radio Neria
Sede Electrónica Administración Electrónica - Trámites
Boletín
Introduce o teu e-mail: