Increase text Diminish text Reset text
Agreements

Announcements and news

Photo contest

14/11/2012

Concurso Fotografía - Corcubión 2012

Bases:

 

  1. Os concursantes poderán participar con tres obras, únicas e orixinais, que se axustarán ás seguintes normas:
  • Temática: libre.
  • Modalidade: papel fotográfico (en cor, sepia ou branco e negro).
  • Tamaño mínimo: 20 x 30 cm
  1. As fotografías presentaranse en sobre pechado figurando no exterior o número de obras presentadas. Cada obra levará un título que deberá figurar no reverso da fotografía. Nun sobre adxunto, no que figurarán no exterior do mesmo só os títulos das obras presentadas, deberá incluirse o soporte da fotografía e facer constar os seguintes datos: nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo e nº de teléfono.
  2. As fotografías, de cara á súa exposición pública, deberán ser presentadas enmarcadas ou en soportes sólidos como cartón pluma ou contrachapado lixeiro.
  3. O depósito das fotografías debidamente identificadas realizarase no Concello de Corcubión entre os días 19 e o 30 de novembro (ámbolos dous incluídos).
  4. Establécense os seguintes premios:

      o     1º) 150 Eu.......2º) 100 Eu.......3º) 50 Eu.

  • Tódalas fotografías participarán na exposición que terá lugar na Capela do Pilar durante o Nadal, concretamente do 24 de decembro de 2012 ao 4 de xaneiro de 2013.
  • As tres mellores fotografías publicaranse na cuarta edición da revista editada pola Universidade Cromáticas (Thaumazein IV).
  • Premios en material fotográfico para os autores/as das tres fotografías finalistas.
  1. O fallo do concurso resolverase o 1 de decembro de 2012 e se fará público (xunto coa entrega de premios) o venres 28 de decembro, ás 19:00h da tarde, na Capela do Pilar de Corcubión.
  2. As obras gañadoras quedarán no poder do Concello, podendo ser reproducidas e difundidas con total liberdade. A Universidade Cromática resérvase o dereito de publicar as tres fotografías gañadoras na revista Thaumazein.
  3. As obras que non resulten premiadas poderán ser recollidas polos autores/as no Concello de Corcubión a partires do día 7 de xaneiro de 2013.
  4. O ditame do xurado será inapelábel. A participación dos concursantes no mesmo implica a aceptación destas bases.

Start date: 14/11/2012

End date: 30/11/2012

Type: Contests

Back